Descrición xeral das aplicacións
Use a aplicación Espertador para establecer varios tipos de alarmas.
Use o seu navegador web para explorar e ver páxinas web, e xestionar
marcadores, texto e imaxes.
Use a aplicación Calculadora para levar a cabo cálculos básicos.
Use a aplicación Calendario para seguir a pista de eventos e xestionar as súas
citas.
Use a cámara para sacar fotos e gravar videoclips.
Use a aplicación Contactos para xestionar os seus números de teléfono,
enderezos de correo electrónico e outra información relacionada cos seus
contactos.
Acceda ás aplicacións, documentos e imaxes que descargue.
Use a aplicación Correo electrónico para enviar e recibir correos electrónicos a
través das súas contas privadas e corporativas.
Use a aplicación Facebook™ para relacionarse nas redes sociais con amigos,
membros da familia e colegas de todo o mundo.
Busque e escoite emisoras da radio FM.
Use a aplicación Álbum para ver e traballar coas súas fotos e vídeos.
Use a aplicación de Gmail™ para ler, escribir e organizar as mensaxes de correo
electrónico.
Busque información no seu dispositivo e na web.
Vexa a súa localización actual, busque outras localizacións e calcule rutas con
Google Maps™.
Use a aplicación Play Store™ para descargar aplicacións de balde e de pago no
seu dispositivo.
Use a aplicación Mensaxería para enviar e recibir mensaxes de texto e
multimedia.
Use a aplicación Vídeo para reproducir vídeos no dispositivo e para compartir
contido cos seus amigos.
Use a aplicación Música para organizar e reproducir música, audiolibros e
podcasts.
Vexa as novas de Socialife.
Faga chamadas telefónicas marcando o número de xeito manual ou coa función
de marcado intelixente.
28
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Optimice os axustes para adaptalos ás súas necesidades.
Use a aplicación Hangouts™ para conversar con amigos en liña.
Identifique pistas de música que estean soando ao seu redor e coñeza o
intérprete, o álbum e outra información.
Use YouTube™ para compartir e ver vídeos de todo o mundo.
Use a aplicación Copia de seguridade e restauración para facer copias de
seguridade ou restaurar o contido do dispositivo, como contactos, mensaxes de
texto, marcadores, datos do calendario, etc.
Use a aplicación Smart Connect™ para establecer a resposta do dispositivo
cando se conecta ou desconecta un accesorio.
Use a aplicación Asistencia técnica para acceder á asistencia técnica ao usuario
directamente no seu dispositivo. Por exemplo, pode acceder á guía do usuario,
a información sobre solución de problemas e tamén a suxestións e trucos.
Algunhas aplicacións non son admitidas nin se amosan en todas as redes ou fornecedores de
servizos en todas as áreas.
29
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.