Axustes xerais da cámara
Descrición xeral dos axustes do modo de captura
Automático superior
Optimice os axustes para adaptalos a calquera escena.
Manual
Cambie os axustes da cámara de xeito manual.
Desenfoque de fondo
Desenfoque o fondo das súas fotos para que os temas parezan máis nítidos en comparación.
Efecto AR
Saque fotos con escenas e personaxes virtuais.
Efecto de imaxe
Aplique efectos a fotos ou vídeos.
Timeshift burst
Seleccione a mellor foto dunha secuencia de imaxes.
Varrido panorámico
Saque fotos amplas e panorámicas.
Retoque de retrato
Saque fotos con estilos de retrato en tempo real.
Automático superior
O modo Automático superior detecta as condicións de disparo e axusta
automaticamente os parámetros para garantir que tira a mellor foto posible.
Modo manual
Use o modo manual cando desexe configurar manualmente os axustes da cámara para
a toma de fotos e vídeos.
Modo de desenfoque de fondo
Use o efecto de fondo borroso da súa cámara para que os temas parezan máis nítidos e
vívidos en comparación co fondo. No modo de desenfoque de fondo, a cámara tira
dúas fotos, identifica o fondo e despois o desenfoca mentres mantén o tema nítido e
enfocado. É como tirar fotos cunha cámara dixital SLR. Pode escoller entre tres
variacións de desenfoque diferentes e axustar o nivel de desenfoque na vista de
previsualización.
Efecto RA
Pode aplicar efectos RA (realidade aumentada) ás súas fotos ou vídeos e facelos máis
divertidos. Ao usar a cámara, este axuste permítelle integrar escenas 3D nas súas fotos
ou vídeos. Só seleccione a escena que desexe e axuste a posición no visor.
Imaxes con efectos
Pode aplicar distintos efectos nas fotos. Por exemplo, pode engadir un efecto de
nostalxia para que as fotos semellen máis antigas ou un efecto de bosquexo para que a
imaxe sexa máis divertida.
90
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Timeshift burst
A cámara toma unha secuencia de 61 fotos nunha ventá de dous segundos - un
segundo antes e despois de que prema a tecla da cámara. Deste xeito pode votar atrás
e localizar a imaxe perfecta.
Para usar Timeshift burst
1
Active a cámara.
2
Pulse e seleccione .
3
Para sacar fotos, prema a tecla da cámara totalmente e despois libérea. As fotos
tomadas aparecerán nunha vista en miniatura.
4
Desprácese polas miniaturas e seleccione a foto que desexe gardar, despois
pulse .
Sweep Panorama
Pode tirar fotos amplas e panorámicas desde a dirección horizontal ou vertical dun xeito
premer-e-varrer doado.
Para sacar unha foto panorámica
1
Active a cámara.
2
Pulse e seleccione .
3
Para seleccionar unha dirección de disparo, pulse
.
4
Prema a tecla de acendido e mova a cámara lentamente e con firmeza na
dirección do movemento que se indica na pantalla.
Retocar retratos
Pode usar a característica Retocar reteratos para aplicar efectos de retoque ás fotos de
retratos mentres as saca para garantir os mellores resultados. Tamén pode usar o
axuste
Feixe máxico para facer que a pel do suxeito estea máis brillante e máis suave
mentres engade un padrón de luz enfocada aos ollos.
Para usar a característica Retocar retratos
1
Active a cámara.
2
Pulse e logo .
3
Para amosar o selector de estilos, pase o dedo cara arriba na pantalla e
seleccione un estilo de retrato para as fotos.
4
Para ocultar o selector de estilos, pulse a pantalla ou pase o dedo cara abaixo.
5
Para amosar o selector de marcos, pase o dedo cara á esquerda e despois
seleccione un marco decorativo.
6
Para ocultar o selector de marcos, pulse a pantalla da cámara ou pase o dedo
cara á dereita.
Para usar a característica Feixe máxico
1
Active a cámara.
2
Pulse e logo .
3
Para activar a característica Feixe máxico, pulse e despois arrastre cara á
dereita o control desprazable situado a carón de
Feixe máxico.
4
Para aplicar un efecto de luz enfocada interior, seleccione un padrón
personalizado.
Descargar aplicacións da cámara
Pode descargar aplicacións para a cámara de balde o de pago desde Google Play™ ou
desde outras fontes. Antes de comezar a descargar, asegúrese de que ten conexión a
Internet, preferiblemente con Wi-Fi® para limitar os custos por tráfico de datos.
91
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para descargar aplicacións para a cámara
1
Abra a aplicación da cámara.
2
Pulse e logo
DESCARGABLE.
3
Seleccione a aplicación que desexa descargar e siga as instrucións para rematar
a instalación.
Inicio rápido
Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea bloqueada.
Só iniciar
Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara se a pantalla está bloqueada mantendo premida a
tecla da cámara.
Iniciar e capturar
Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e capturar unha foto automaticamente se a pantalla
está bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.
Iniciar e gravar vídeo
Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e iniciar a captura de vídeo se a pantalla está
bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.
Desactivado
Xeoetiquetado
Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se sacaron.
Captura táctil
Identifique unha zona de enfoque e logo toque a pantalla da cámara co dedo. A foto
tírase en canto levanta o dedo.
Son
Escolla activar ou desactivar o son de foto.
Almacenamento de datos
Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no
almacenamento interno do seu dispositivo.
Almacenamento interno
As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.
Tarxeta SD
As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.
Balance de brancos
Este axuste, que só está dispoñible no modo de captura
Manual, axusta o balance de
cor segundo as condicións de iluminación. Tamén permítelle axustar a exposición
manualmente nun rango de -2.0 EV a +2.0 EV. Por exemplo, pode aumentar o brillo da
imaxe ou reducir a exposición xeral pulsando os controis de aumentar ou diminuír cando
se amose o axuste de balance de brancos .
Automático
Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.
Incandescente
Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.
Fluorescente
Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.
Sol
Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.
Nubrado
92
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Axusta o balance de cor para ceos nubrados.