Engadir e editar contactos
Para engadir un contacto
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Pulse .
3
Se ten sincronizados os contactos cunha ou máis contas e está a engadir un
contacto por primeira vez, cómpre seleccionar a conta á que desexa engadir este
contacto. Como alternativa, pulse
Sen copia de seguridade se só quere usar e
gardar este contacto no dispositivo.
4
Introduza ou seleccione a información que desexe para o contacto.
5
Cando remate, pulse
GARDAR.
Despois de seleccionar unha conta de sincronización no paso 3, esa conta amosarase como a
conta predeterminada a próxima vez que engada un contacto. Se garda un contacto nunha
conta en particular, esa conta amosarase como a conta predeterminada de almacenamento a
próxima vez que engada un contacto. Se gardou un contacto nunha conta determinada e
desexa cambiala, necesitará crear un contacto novo e seleccionar outra conta para gardalo
nela.
Se engade un signo "+" e o prefixo do país antes do número de teléfono dun contacto, non
ten que volver editar o número cando faga chamadas desde outros países.
Para editar un contacto
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Pulse o contacto que desexe editar e logo pulse .
3
Edite a información que desexe.
4
Cando remate, pulse
GARDAR.
Algúns servizos de sincronización non permiten editar información de contacto.
Para asociar unha imaxe a un contacto
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Pulse o contacto que desexe editar e logo pulse .
3
Pulse
, despois seleccione como quere engadir a imaxe do contacto e edite ao
seu gusto.
4
Despois de engadir a imaxe, pulse
GARDAR.
Tamén pode engadir unha imaxe a un contacto directamente desde a aplicación
Álbum. Se
quere engadir unha imaxe gardada nunha conta en liña, antes ten que descargar a imaxe.
Para personalizar o ton de chamada dun contacto
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Pulse o contacto que desexe editar e logo pulse .
3
Pulse >
Seleccionar ton de chamada.
4
Seleccione unha opción da lista ou pulse para seleccionar un ficheiro de música
gardado no dispositivo. A continuación, pulse
Feito.
5
Pulse
GARDAR.
Para eliminar contactos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Toque e manteña o contacto que desexe eliminar.
3
Para eliminar todos os contactos, pulse a frecha abaixo para abrir o menú
despregable e logo seleccione
Marcar todo.
4
Pulse e logo
Eliminar.
68
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para editar a información de contacto acerca dun mesmo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .
2
Pulse
Eu e logo .
3
Introduza a nova información ou faga os cambios que desexe.
4
Cando remate, pulse
GARDAR.
Para crear un contacto desde unha mensaxe de texto
1
Dende a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse .
2
Pulse >
Gardar.
3
Seleccione un contacto existente ou pulse
Crear novo contacto.
4
Edite a información do contacto e pulse
GARDAR.