Configurar o correo electrónico
Use a aplicación de correo electrónico no seu dispositivo para enviar e recibir correos
electrónicos a través das súas contas de correo electrónico. Pode ter unha ou máis
contas de correo electrónico á vez, incluíndo contas corporativas de Microsoft Exchange
ActiveSync.
Para configurar unha conta de correo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Correo electrónico.
3
Siga as instrucións que aparecen na pantalla para completar a configuración.
Para algúns servizos de correo electrónico, pode precisar contactar co seu fornecedor de
servizos de correo electrónico para obter información detallada dos axustes para a conta de
correo.
Para engadir unha conta de correo adicional
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse a icona da pantalla de aplicacións .
2
Localice e pulse
Correo electrónico.
3
Pulse , despois pulse
Configuración > Engadir conta.
4
Introduza o enderezo de correo electrónico e o contrasinal, despois pulse
Seguinte. Se non se poden descargar de xeito automático a configuración da
conta de correo electrónico, complete a configuración de xeito manual.
5
Cando remate, pulse
Seguinte.