Sony Xperia T2 Ultra - Axustes de Internet e MMS

background image

Axustes de Internet e MMS

Para poder enviar mensaxes multimedia ou acceder a Internet cando non hai ningunha

rede Wi-Fi® dispoñible, cómpre ter unha conexión de datos móbiles activa e cos

axustes correctos de Internet e servizo de mensaxes multimedia (MMS). Consellos:

Na maioría de redes e operadores, os axustes de Internet e MMS veñen preinstalados

no dispositivo. Nese caso, poderá comezar a usar a Internet e a enviar mensaxes

multimedia de contado.

Nalgúns casos disporá da opción de descargar os axustes de Internet e MMS a primeira

vez que insira unha tarxeta SIM e acenda o dispositivo. Tamén é posible descargar estes

axustes posteriormente no menú Axustes.

Pode engadir, cambiar ou eliminar manualmente os axustes de Internet e de MMS no

dispositivo cando o desexe. Si cambia ou elimina un axuste de Internet ou MMS por

equivocación, descargue de novo os axustes de Internet e MMS.

Se non pode acceder a Internet a través dunha rede móbil ou se non funciona a

mensaxería multimedia, aínda que os axustes de Internet e MMS se descargasen

correctamente no dispositivo, consulte os consellos para a resolución de problemas

para o seu dispositivo en

www.sonymobile.com/support/

para obter información sobre

problemas de cobertura de rede, datos móbiles e MMS.

Se o modo STAMINA está activado para aforrar enerxía, todo o tráfico de datos móbiles

deterase cando a pantalla estea apagada. Se isto provoca problemas de conexión, pode

excluír algunhas aplicacións e servizos da pausa ou desactivar temporalmente o modo

STAMINA. Para obter máis información, consulte

Descrición xeral das características do modo

STAMINA

na páxina 23 .

Para descargar axustes de Internet e de mensaxería

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Axustes da Internet.

3

Pulse

Aceptar. Unha vez que descargue os axustes con éxito, aparecerá na

barra de estado e os datos móbiles activaranse automaticamente.

Se non é posible descargar os axustes no dispositivo, comprobe a intensidade do sinal da

rede móbil. Vaia a un lugar aberto sen obstrucións ou achéguese a unha ventá e ténteo de

novo.

31

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para engadir manualmente a configuración da Internet e MMS

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Redes móbiles.

3

Pulse

Nomes de puntos de acceso > .

4

Pulse

Nome e introduza o nome que desexe.

5

Pulse

APN e insira o nome do punto de acceso.

6

Introduza a información que se lle requira. Se non sabe que información é

necesaria, contacte co seu operador de rede para obter máis detalles.

7

Cando remate, pulse , logo pulse

GARDAR.

Para ver os axustes descargados da Internet e MMS

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Redes móbiles.

3

Pulse

Nomes de puntos de acceso.

4

Para ver máis detalles, pulse calquera dos elementos dispoñibles.

Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinalarase mediante un botón

marcado .