Montaxe
A pantalla ten pegada unha lámina plástica protectora. É necesario que extraia esta
lámina antes de usar a pantalla táctil. Do contrario, é posible que a pantalla táctil non
funcione correctamente.
Para inserir a tarxeta micro SIM
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Insira unha unlla no espazo que hai entre a tapa da rañura da tarxeta micro SIM e
o dispositivo, e separe a tapa.
2
Cunha unlla retire o soporte da tarxeta micro SIM.
3
Coloque a tarxeta micro SIM no soporte coa zona dos contactos dourados da
tarxeta micro SIM orientada cara arriba.
4
Insira de novo o soporte da tarxeta micro SIM no dispositivo.
5
Fixe de novo a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
Para inserir unha tarxeta de memoria
1
Insira unha unlla no oco entre a tapa da tarxeta de memoria e o dispositivo, e
separe a tapa da tarxeta de memoria.
2
Coloque a tarxeta de memoria na súa rañura, cos contactos dourados cara arriba
e logo empurre a tarxeta de memoria dentro da rañura ata que escoite un son de
bloqueo.
3
Fixe de novo a tapa da tarxeta de memoria.
Para retirar a tarxeta micro SIM
1
Retire a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
2
Retire o soporte da tarxeta micro SIM.
3
Retire a tarxeta micro SIM.
4
Insira o soporte da tarxeta micro SIM na súa rañura.
5
Coloque de novo a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
Para extraer a tarxeta de memoria
1
Desactive o dispositivo e separe a tapa da rañura da tarxeta de memoria..
2
Prema a tarxeta de memoria cara ao interior e logo sóltea rapidamente.
3
Coloque de novo a tapa.
En lugar de apagar o dispositivo, pode deixalo acendido e retirar a tarxeta de memoria de
Configuración > Almacenamento > Deter a tarxeta SD.
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.